Thursday 25 de April de 2024

O Concello reforza a sinalización horizontal en varios puntos da Pobra


Na xornada deste 28 de xuño iniciáronse os traballos de sinalización horizontal no municipio da Pobra do Caramiñal coa finalidade de incrementar as marcas viarias e aumentar a visibilidade das xa establecidas, segundo manifesta a concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).

A dita intervención ten como primeira zona de actuación O Lagar cos obxectivos de reforzar as marcas viarias xa existentes, delimitar os estacionamentos para optimizar o espazo destinado para tal fin e mellorar o tránsito de vehículos longos coma, por exemplo, os de emerxencias, en determinados puntos desa área.

Estas tarefas terán continuidade noutros espazos do concello, polo que a duración das mesmas se prolongará durante varios días.